Δεν σας αρέσει; Δεν πειράζει! Μπορείτε να επιστρέψετε προϊόντα έως 30 ημέρες
Δεν θα κάνετε ποτέ λάθος με μια δωροεπιταγή. Χαρίστε στους αγαπημένους σας την επιλογή να διαλέξουν οι ίδιοι οτιδήποτε από τη συλλογή μας.
Έως 30 ημέρες για επιστροφή
Dewey, autor dunha intensa obra filosófica, psicolóxica e pedagóxica,formulou a sús elaboración como teoría xeral da educación, unha teoría práctica que é fundamento da práctica educativa. Democracy andEducation. An Introduction to the Philosophy of Education (1916),considerado o seu texto central, propón esta teoría xeral, enfrontando os problemas de fondo que, máis que as cuestións didácticas e deorganización escolar, conducen a un horizonte social de democraciacomo forma de vida e ideal moral, na que as persoas son iguais e osben da vida se comparten, o que implica, ao tempo, vivir a democracianas institucións escolares, entendendo a escola democrática comoescenario de aprendizaxe ética, ademais de espazo cualificado para oavance do ideal democrático do co?ecemento. Fronte ao modelo escolartradicional, Dewey, un dos máximos mentores da escola nova, propón aescola progresiva, un modelo que toma en consideración os impulsos,necesidades, interrogantes e intereses do alumnado, a interrelación do co?ecemento escolar coa contorna, a unidade entre o saber e o facer,o papel guía e propositivo dos profesores, o protagonismo do alumnadoque crece desde dentro de si mesmo, a potenciación da súacreatividade, da súa individualidade e da cooperación, e que promoveprogramas escolares con capacidade de resposta ás súas necesidades.Democracia e educación amósase como entusiasta manifesto da new era na educación, de notable influencia no século XX e de gran vigor aíndacen anos despois.
Γεια σας! Είμαι ο Libroamiko, ο σύμβουλος βιβλίων σας.
Πώς μπορώ να σας βοηθήσω;