Δεν σας αρέσει; Δεν πειράζει! Μπορείτε να επιστρέψετε προϊόντα έως 30 ημέρες
Δεν θα κάνετε ποτέ λάθος με μια δωροεπιταγή. Χαρίστε στους αγαπημένους σας την επιλογή να διαλέξουν οι ίδιοι οτιδήποτε από τη συλλογή μας.
Έως 30 ημέρες για επιστροφή
Neste ano 2011, e coincidindo co centenario do nacemento do poetaAlvaro Cunqueiro, Editorial Galaxia edita un libro de poemas do autorde Mondo?edo, acompa?ado de dous CDs, un cos poemas musicados porCésar Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedidapor Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer.Estamos a falar dun libro-disco que ademais de conter unha excelenteproposta musical, agasállanos cun documento histórico de primeiraorde. César Morán rodeouse de músicos de primeiro nivel (entre os quedestaca a voz de Uxía Senlle) para ofrecernos un excelente e elegantetraballo que vai namorar aos seguidores de Cunqueiro pero tamén aosamantes da boa música que poderán comprobar como soa o de Mondo?edoagarimado pola guitarra, a frauta traveseira, o saxo alto, ocontrabaixo e a percusión da banda de César Morán, quen presta a súavoz sintonizando á perfección coa lírica contida dos versos deCunqueiro. Un proxecto innovador que nos presenta a Cunqueiro doutramaneira, unindo literatura, música e un documento sonoro de innegablevalor histórico e literario, como é esa derradeira conversa co deMondo?edo.
Γεια σας! Είμαι ο Libroamiko, ο σύμβουλος βιβλίων σας.
Πώς μπορώ να σας βοηθήσω;